FI-WARE é un proxecto financiado polo VII Programa Marco de I+D da UE dentro do seu proxecto de colaboración público-privada para o desenvolvemento do Internet do Futuro (Future Internet Public Private Partnership ou FI-PPP).
En concreto, FI-WARE, dentro dese marco, ten como obxectivo desenvolver unha plataforma de middleware aberta sobre a que desenvolver novas aplicacións e servizos de Internet do Futuro. Para iso este proxecto, cun presuposto de 66 M€ en 3 anos, conta coa participación das principais empresas europeas de telecomunicacións (Telefónica, coordinadora do proxecto, Orange, Deutsche Telekom, British Telecom, Telecom Italia) doutras empresas relevantes do sector TIC (SAP, IBM, Nokia Siemens, Thales, Atos, Ericsson, Alcatel-Lucent) e de universidades e centros de investigación (como, p. ex., a Universidade Politécnica de Madrid).
Este proxecto ten que crear e despregar un middleware sobre o que os desenvolvedores de aplicacións poidan crear novos servizos, p. ex., baseados en datos de redes de sensores, como as postas en marcha para proxectos de cidades intelixentes (smart cities).