FI-Core
FI-Core é un proxecto de investigación do VII Programa Marco de I+D+i da Unión Europea, dentro do seu proxecto de colaboración público-privada para o desenvolvemento da Internet do Futuro (Future Internet Public Private Partnership ou FI-PPP).
En concreto, FI-Core, dentro dese marco do FI-PPP, ten como obxectivo dar continuidade ao traballo desenvolvido en FI-WARE, proxecto clave neste programa e co que ten moitos membros en común, e que de 2011 a 2014 procedeu a desenvolver unha plataforma de middleware aberta, denominada FIWARE, sobre a que poñerán en marcha novas aplicacións e novos servizos, que xirarán en torno á Internet das cousas, as redes de sensores, Open Data ou Smart Cities.