Proxecto I3 (Integrated Infrastructures Initiative) financiado polo VII Programa Marco de I+D da Unión Europea (Acordo de subvención número 605243)
Web:
Data de inicio:
01-04-2013
Data de finalización prevista:
31-03-2015
Duración:
24 meses
Presuposto total:
72 millóns de euros (financiamento europeo: 41 millóns de euros)
Participantes:
39 redes académicas e de investigación nacionais europeas, e 2 organismos, DANTE (coordinador do proxecto) e TERENA, formados por redes académicas e de investigación.
No proxecto colaboran terceiros ("third parties") que teñen relación cos membros - por exemplo, no caso de España colaboran tres institucións afiliadas a RedIRIS: A Universidade de Murcia, a Universidade do País Vasco e a Fundació I2CAT.
O proxecto lanzou ademais unha Convocatoria Aberta ("Open Call"), duns 3 M€, solicitando propostas de organismos sen ánimo de lucro ou de empresas que axuden a desenvolver algunhas das actividades previstas.
Actividades:
NA (Networking Activities - actividades relacionadas coa comunidade) - Inclúe xestión e coordinación do proxecto (NA1), comunicación e promoción (NA2), análise de tendencias (NA3) e relacións internacionais e desenvolvemento de negocio (NA4)
SA (Service Activities - actividades de servizo) - Inclúe servizos troncais de rede (SA1), plataforma de probas como servizo (SA2), prestación de servizos de rede (SA3), servizos de soporte de rede (SA4), servizos de aplicación (SA5), operación e xestión de servizos (SA6) e soporte a servizos "cloud" (SA7)
JRA (Joint Research Activities - actividades de investigación conxunta) - Inclúe arquitecturas de rede para o Horizonte 2020 (JRA1), proba de tecnoloxía para servizos de aplicación específicos (JRA2) e tecnoloxías de identidade e confianza para servizos de GÉANT (JRA3)