• Despregamento da rede académica e de investigación paneuropea GÉANT: unha rede híbrida de alta capacidade (100 Gbps no núcleo da rede troncal), que usa unha combinación innovadora de tráfico IP e mecanismos de conmutación, o que lle permite alcanzar un alto grao de fiabilidade e flexibilidade operativos.
  •  Esta rede de investigación paneuropea, operando de forma conxunta coas redes nacionais, autonómicas e locais, permite establecer conexións extremo a extremo de moi alta capacidade para poñelas a disposición de proxectos como LHC e as comunidades de investigación con necesidades de comunicación máis avanzadas (e-Ciencia), como as de Física de Altas Enerxías, Astrofísica, Genómica, Climatoloxía...
  •  Conexións coas redes académicas e de investigación doutras partes do planeta, para lograr unha rede de investigación global.
  • Prestación conxunta de servizos (CERT, eduGAIN, eduroam, educonf, eduPKI, cloud) e desenvolvemento conxunto de novos servizos (conmutación óptica federada, composición de servizos de rede: GEMBus...)
  •  Despregamento de pilotos e servizos relacionados con tecnoloxías de identidade como openIDConnect ou Moonshot (para o Single Sign-On en ámbitos non web); e, en xeral, pilotos en novas tecnoloxías para a mellora dos servizos existentes