GN3plus é un proxecto financiado polo VII Programa Marco de I+D da UE (presuposto: 74 millóns de € en 2 anos) a través do cal as redes académicas e de investigación nacionais dos países europeos despregan unha rede académica e de investigación paneuropea chamada GÉANT, que une as redes de investigación dos distintos países europeos entre si, e a todas elas con outras redes de investigación de distintas rexións do planeta, contribuíndo así á creación dunha rede de investigación global.

No marco do proxecto GN3plus, as redes académicas e de investigación europeas tamén despregan outros servizos de interese común (seguridade, mobilidade, monitorización, cloud...) e levan a cabo actividades de investigación conxunta para o desenvolvemento de novos servizos a despregar en ámbitos multidominio (esquemas federados de interconexión de infraestruturas, provisión de servizos mediante integración de compoñentes máis simples...)