RedIRIS contribúe ao proxecto EGI-InSPIRE levando a cabo tarefas con diferentes ámbitos.

 1.Por un lado encóntranse as tarefas realizadas a nivel de NGI:

  • Encargándose da coordinación de incidentes de seguridade a nivel de NGI e a nivel europeo dentro da tarefa TSA1.2 (A Secure Infraestructure - unha infraestrutura segura). Con esta actividade dáse continuidade ao traballo realizado en EGEE III, coordinando os aspectos de seguridade a nivel europeo, xestionando apropiadamente os incidentes de seguridade que se produzan, tanto dentro da NGI como a nivel internacional e que poden chegar a afectar a infraestrutura da nosa NGI. Adicionalmente, ofrecéndose pequenos cursos sobre boas prácticas de seguridade á NGI dentro de cursos de formación a usuarios de Grid.
  • Mantendo os sistemas de tíckets de RT (Request Tracker) para a NGI, así como, colaborando na integración dos diferentes sistemas de tíckets que actualmente existen (GGUS, RT, etc.). Este traballo realízase dentro da tarefa TSA1.6 (Helpdesk Infraestructure - infraestrutura de soporte técnico).
  • Proporcionando servizos centrais aos usuarios de Grid da NGI dentro da tarefa TSA1.7 (Support Teams - equipos de soporte).

 

Por outro lado RedIRIS encárgase de tarefas realizadas a nivel global de proxecto:

  • Desenvolvendo e consolidando o uso da ferramenta de monitorización de rendemento PerfSONAR entre os diferentes centros de Grid.
  • Mantendo unha infraestrutura de clave pública, pkIRISGrid, usada polos usuarios da NGI española e validada pola asociación europea EUGridPMA e mantendo unha CRL (Certificate Revocation List) coordinada que se usa a nivel europeo.

O traballo correspondente a estes dous últimos puntos tamén se realiza dentro da tarefa TSA1.7 (Support Teams - equipos de soporte).

A computación distribuída fai ademais uso intensivo das redes de comunicación que RedIRIS pon a disposición da comunidade académica e científica española.

A contribución en persoal de RedIRIS ao proxecto EGI-InSPIRE equivale a algo máis dunha persoa a tempo completo durante os catro anos de duración deste.